Warning: array_shift() expects parameter 1 to be array, boolean given in /htdocs/public/www/config/ecran_securite.php on line 283 Géminis Papeles de Salud - O SLG continúa na loita contra as patentes. Non á "monsantorización" das plantas e os animais de granxa [20/01/10]

Número aproximado de visitas a este artículo: 165

Sindicato Labrego Galego
19 de Xaneiro do 2010

O SLG continúa na loita contra as patentes. Non á "monsantorización" das plantas e os animais de granxa [20/01/10]

O Sindicato Labrego Galego asinou onte o “Manifesto Global contra as patentes sobre sementes e animais convencionais”, en apoio á campaña mundial na contra das patentes e da privatización da alimentación. Dende hai anos vimos denunciando estas manobras e a nosa fonda preocupación diante da crecente monopolización de sementes e animais de granxa mediante patentes. A perda da nosa independencia e o crecente endebedamento das labregas e labregos, canda a diminución da diversidade vexetal e animal e as cada vez maiores restricións ás actividades de cultivo, cría e investigación son algúns dos impactos máis preocupantes desta tendencia.

O SLG continúa na loita contra as patentes. Non á "monsantorización" das plantas e os animais de granxa [20/01/10]

Mais a pesares destas experiencias alarmantes aínda non existen medidas legais para deter esta tendencia.

Ao contrario, un estudo recente sobre solicitudes presentadas ante a «Organización Mundial da Propiedade Intelectual» (OMPI), amosa que as grandes empresas internacionais de sementes seguen tentando impoñer as súas reivindicacións de monopolio sen atender en absoluto ás consecuencias para a seguridade alimentaria global e o sustento dos labregos e labregas do mundo enteiro.

Isto resulta obvio ao analizar as máis recentes solicitudes de patente, presentadas polas tres empresas globais de sementes máis grandes «Monsanto» (EE.UU.), «Dupont» (EE.UU.) e «Syngenta» (Suíza).

Estas solicitudes amosan a tendencia crecente a esixir dereitos de propiedade exclusivos non soamente sobre plantas e animais modificados xeneticamente, senón tamén sobre a biodiversidade existente e os métodos de cultivo e de crianza tradicionais .

Mentres que nos anos anteriores ao 2005 presentáronse somentes algunhas poucas patentes desta índole, máis do 30% das solicitudes de patentes de Monsanto presentadas entre o 2005 e o 2009 incluíron métodos de cultivo convencionais.

Esta tendencia tamén se pode observar noutras grandes empresas de sementes. O seu obxectivo é bloquear o acceso aos recursos xenéticos e á tecnoloxía e crear unha nova dependencia para os labregos e labregas do planeta .

As regulacións sobre patentes da UE, os EE.UU. e moitos outros países, así como tamén os chamados «Acordos Trips da OMC», deben ser revisados con urxencia para poñer couto á monopolización e ao control empresarial dos recursos xenéticos do mundo.

Esta revisión debería conducir a unha regulación que garanta o dereito á alimentación e a prohibición de patentes sobre plantas e animais da granxa. Esta clase de patentes son a columna vertebral dunha estratexia para asumir o control global sobre a produción alimentaria a todos os niveis.

O SLG, súmase ao chamamento aos gobernos e ás oficinas de patentes para poñer couto a este desenvolvemento preocupante e para que sexan revisadas as regulacións sobre patentes existentes.

En tan só catro anos, entre o 2005 e o 2009, Monsanto presentou case 150 solicitudes de patentes sobre cultivo de plantas ante a OMPI. Durante o mesmo período, Dupont presentou ao redor de 170 solicitudes de patentes sobre cultivos, o 25% delas implicaron métodos de cultivo convencionais. Syngenta presentou unhas 60 solicitudes, o 50% delas centradas en cultivos tradicionais.

Entre as grandes empresas de sementes, Monsanto é a única que tamén presenta patentes sobre animais de granxa . Dende o 2005, ao redor de 20 patentes sobre métodos de cría foron presentadas pola empresa estadounidense.

De seguido abordaremos exemplos que amosan até que extremo estanse a levar algunhas solicitudes de patentes. Moitas das reivindicacións presentadas nestas solicitudes somentes poden ser descritas como absurdas , consecuencia dunha regulación sobre patentes totalmente deficiente:

- Na solicitude de patente de Monsanto WO2008021413, ’ a patente que monsantoriza o millo e a soia ’, reivindícanse métodos que se utilizan amplamente no cultivo e a cría convencional. En máis de 1000 páxinas e a través de 175 reivindicacións, Monsanto reivindica varias secuencias de xenes e variacións xenéticas, especialmente en soia e millo.

Monsanto mesmo vai tan lonxe e esixe explicitamente todas as plantas relevantes de millo e soia que conteñen eses elementos xenéticos. Ademais lístanse todas as utilizacións en alimentos, pensos e biomasa. A través da presentación de solicitudes rexionais específicas, Monsanto mostra un interese especial en solicitar esta patente en Europa, Arxentina e Canadá .

- Na solicitude de patente WO 2009011847, ’ a patente que monsantoriza a carne e o leite ’, Monsanto reivindica amplamente os métodos de cría de gando, os animais, así como tamén " o leite, o queixo, a manteiga e a carne ".

- Outras empresas tamén están a presentar de forma agresiva solicitudes sobre recursos xenéticos, necesarios para a produción de alimentos e pensos. Un exemplo é a solicitude de patente WO2008087208, “ a patente de Syngenta sobre a colleita de millo ’’, que se concentra nas condicións xenéticas do millo para a produción de grans. Syngenta reivindica as plantas e mesmo a súa colleita.

- Varias patentes similares xa foron concedidas , como a patente sobre o cultivo de soia, como a WO 98/45448, ’ a patente de Dupont, sobre tofu ’’, outorgada en Australia, Europa e os EE.UU. que abrangue a salsa de soia, o tofu, o leite de soia e un preparado para biberón desta soia. Esta patente (ou patentes da mesma familia) tamén foi presentada para o Brasil, Canadá, China, Xapón, Noruega e Nova Zelandia.

Non obstante, a resistencia a estas estratexias privatizadoras da produción de alimentos está a aumentar. No 2007, as organizacións de agricultores e as ONG do mundo enteiro crearon a plataforma global Non ás patentes sobre sementes [1].

No 2008, centos de cartas foron enviados á Oficina Europea de Patentes (OEP) no ’ caso da patente sobre brócoli ’, EP 1069819, o constituíndo un precedente.

No 2009, miles de agricultores/as e cidadás/ns, ONG e mesmo autoridades gobernamentais presentaron unha oposición á ’ patente europea sobre a cría de porcos ’, EP 1651777, unha patente solicitada por «Monsanto» no 2004.



LabregxsdaGaliza 07 de octubre de 2009: Carme Freire, Secretaria Xeral do SLG, entrega unha botella de leite a Elena Espinosa, ao tempo que lle solicita un cambio de postura coma ministra, para que dunha vez por todas comece a defender o futuro do sector leiteiro da Galiza.

LabregxsdaGaliza 17 de septiembre de 2009: Carme Freire, secretaria xeral do SLG-análise situación sector leiteiro

LabregxsdaGaliza 17 de septiembre de 2009: Carme Freire, secretaria xeral do SLG-análise situación sector leiteiro parte 2



O Sindciato Labrego Galego, canda as persoas, organizacións e institucións que asinamos o “Manifesto Global contra as patentes sobre sementes e animais convencionais” instamos aos políticos/as e ás oficinas de patentes do mundo enteiro a asegurar que as patentes como as arriba mencionadas non poidan ser e non sexan outorgadas.

Precisamos dun cambio radical tanto na lexislación sobre patentes como tamén na práctica das oficinas de patentes para eliminar as patentes sobre plantas e animais de granxa.

Non se debe permitir que as empresas continúen usando mal e monopolizando as sementes, plantas e animais de granxa por medio da lei de patentes.

No caso contrario, estas patentes converteranse nun perigo maior para a seguridade alimentaria e para a soberanía alimentaria rexional .

O manifesto asinado será entregado aos gobernos e ás oficinas de patentes o 26 de marzo de 2010 .

Non ás Patentes sobre Sementes.

Web

Arquivo para descarregar Manifesto Global contra as patentes sobre sementes e animais convencionais

- Link: Sindicato Labrego

________________________________________
Notas

[1No a las patentes sobre semillas y animales de cría

Detengamos la expropiación de campesinos y cultivadores

La práctica creciente de patentar semillas, tipos de plantas convencionales y razas de animales de cría constituye una expropiación en gran medida de campesinos y cultivadores: los agricultures ya no pueden guarder las semillas de su cosecha, y los cultivadores están muy limitados a la hora de seguir trabajando con las semillas patentadas.
En los últimos años, la Oficina Europea de Patentes ha ido ampliando cada vez más las posibilidades de patentar en interés de las multinacionales, socavando las prohibiciones existentes. Nuestra seguridad alimentaria se encuentra cada vez en mayor medida en manos de unas cuantas multinacionales químicas y biotecnológicas.

Ahora la «Oficina Europea de Patentes» está tratando una cuestión de principio:

las patentes sobre plantas y animales convencionales!

Con el caso de una patente sobre el brócoli (EP 1069819), la Alta Cámara de Recursos de la Oficina Europea de Patentes (OEP) quiere decidir si por principio las plantas convencionales son susceptibles de ser patentadas. La decisión de la Alta Cámara de Recursos (caso T 0083/05) sera también vinculante para todas las solicitudes de patente relacionadas e incluso para los animales de cría y su descendencia. Lea más al respecto

El manifesto global ha sido firmado por mas de 50 organizaciones de agricultores, asi como mas de 100 ONGs y 55.000 personas particulares de todo el mundo y finalmente entregado a la Sala de Recurso Ampliada de la OEP.

¡Actúa Ahora: Firme el Alerta contra la Monsantorización! en

- Fuente: No a las patentes sobre semillas y animales de cría.

________________________________________
Documentos adjuntos

________________________________________
Palabras clave

© 2009 Géminis | Realizado por Dabne con SPIP | Diseño Basaburua |